30/06/2026
ℹ️ A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a Orde do 23 de xuño de 2026 pola que se regula a utilización de maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260629/AnuncioG0426-230626-0004_gl.pdf).
🚜 A realización de traballos e actividades de carácter preventivo, silvícola ou agrícola no monte durante a época de perigo alto de incendio forestal, cando o IRDI acade os niveis de moi alto ou extremo, pódese autorizar (nos termos establecidos no PLADIGA), pero entre as 12.00 e as 18.00 horas, deberanse cumprir os seguintes requisitos:
🧍 - Contar cunha persoa en funcións de auxiliar, cuxa función será a detección temperá de posibles conatos de incendio e a notificación inmediata aos servizos de emerxencia a través das liñas telefónicas 085 ou 112 ou da aplicación móbil Alume.
🚒 - Ter un vehículo equipado cun depósito de auga cunha capacidade mínima de 400 litros, dous batelumes, un extintor de escuma con base de auga dunha capacidade non inferior a 6 quilogramos e unha mochila extintora cunha capacidade mínima de 15 litros.
⚖️ En todo caso, o cumprimento destas medidas preventivas e das condicións establecidas pola normativa vixente non exime das responsabilidades que poidan derivar da provocación dun incendio forestal.