Hábitat Social Cooperativa

Hábitat Social Cooperativa Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Hábitat Social Cooperativa, Diseñador arquitectónico, Praza de Azcárraga, 6/baixo, A Coruña.

Este sábado celebramos un novo obradoiro coas cooperativistas de  que habitarán o edificio das Lavandeiras, que cada vez...
26/01/2026

Este sábado celebramos un novo obradoiro coas cooperativistas de que habitarán o edificio das Lavandeiras, que cada vez son máis.

Traballamos sobre as tipoloxías de vivenda, contrastando as propostas do proxecto coas necesidades recollidas nunha enquisa previa. Un espazo para escoitar, debater e consensuar cambios que permitan adaptar o edificio ás persoas que o van habitar.

Houbo presentación técnica, traballo en pequenos grupos e posta en común, nun encontro facilitado por e acompañado por nós como equipo técnico.

O proceso avanza con paso firme.
Próxima estación: solicitude de licenza de obras.

Nesta rehabilitación integral dunha vivenda tradicional, recuperouse unha antiga casa familiar para adaptala a un uso co...
04/12/2025

Nesta rehabilitación integral dunha vivenda tradicional, recuperouse unha antiga casa familiar para adaptala a un uso contemporáneo. Unificouse a planta baixa como espazo de día, reorganizáronse os dormitorios na planta alta e recuperouse unha construción anexa como acceso e espazo para convidados ou traballo.
O xardín estrutúrase arredor da antiga corte (agora comedor exterior) e dun novo volume de madeira destinado a instalacións.

Información completa e máis fotografías na nosa web.
https://www.habitatsocial.coop/experiencias/arquitectura/rehabilitacion-e-ampliacion-de-vivenda-en-oroso/

Aproveitamos unha tregua meteorolóxica para avanzar na montaxe dos paneis prefabricados de palla na vivenda unifamiliar ...
03/12/2025

Aproveitamos unha tregua meteorolóxica para avanzar na montaxe dos paneis prefabricados de palla na vivenda unifamiliar da Pobra do Caramiñal.

Traballamos cun sistema industrializado de entramado lixeiro de madeira e palla compactada, unha solución natural que ofrece un alto nivel de illamento, gran confort interior, prazos de execución reducidos e optimización de recursos. A fabricación en taller achega maior precisión e control, facendo que a montaxe en obra sexa máis rápida, limpa e segura. Nesta ocasión, os paneis e a montaxe son de

O máis estimulante é comprobar como industrialización e construción ecolóxica, que habitualmente se pensan como camiños separados, poden complementarse unindo eficiencia e sustentabilidade.

Dirección

Praza De Azcárraga, 6/baixo
A Coruña
15001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Hábitat Social Cooperativa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir