Carpinteria O Regueiro

Carpinteria O Regueiro Carpintería de madeira, fundada nos anos 50 polo noso pai, José Rilo Meilán

23/12/2025
Nesta estancia, fabricamos á medida todo o conxunto: módulo TV integrado lacado, vitrina con iluminación 💡, unha especta...
05/12/2025

Nesta estancia, fabricamos á medida todo o conxunto: módulo TV integrado lacado, vitrina con iluminación 💡, unha espectacular cheminea decorativa 🔥 e mobiliario auxiliar, creando unha composición harmoniosa que dialoga coa arquitectura e coa decoración existente.

Traballamos cada liña, cada textura e cada unión con precisión, para que o resultado final sexa tan funcional como estético.
Porque cando os detalles importan, a madeira fala por si soa 🌿.

Se tes un espazo especial na túa casa, axudámosche a transformalo nun lugar único ✨.

🧐 “A que parece real? Pois non… aínda non!”Antes de fabricar, deseñamos infografías hiperrealistas para que poidas ver o...
24/11/2025

🧐 “A que parece real? Pois non… aínda non!”
Antes de fabricar, deseñamos infografías hiperrealistas para que poidas ver o teu proxecto, tal e como quedará.
Así podes decidir materiais, medidas e estilo con todas as garantías.
E despois… 💥 facémolo realidade no noso taller.

En O Regueiro, ti imaxinas, nós deseñamos… e construímos!
Déixate sorprender polo antes e despois (real foto 2) 👇✨

Paramentos verticais en madeira rechapada ou lacada, composto de pezas pequenas de fácil instalación ou a medida. Ideais...
21/05/2025

Paramentos verticais en madeira rechapada ou lacada, composto de pezas pequenas de fácil instalación ou a medida. Ideais para cabeceiros e panelados.
Pídenos prezo!

Paramentos verticais en madeira rechapada ou lacada, con pezas individuais de fácil montaxe, ou a medida. Ideal para cab...
21/05/2025

Paramentos verticais en madeira rechapada ou lacada, con pezas individuais de fácil montaxe, ou a medida. Ideal para cabeceiros ou panelados.
Pídenos prezo

Escaleira en madeira de iroko
02/05/2025

Escaleira en madeira de iroko



Detalle de aparador en madera de roble
25/04/2025

Detalle de aparador en madera de roble

18/02/2025

18/02/2025

Museo As Mariñas, situado no corazón de Betanzos. Realizamos a substitución de todas as fiestras e portas, tanto na part...
28/11/2024

Museo As Mariñas, situado no corazón de Betanzos. Realizamos a substitución de todas as fiestras e portas, tanto na parte exterior como no seu patio interior, todas fabricadas en madeira de Iroko e lacadas en branco.
Este traballo foi especial para nós, xa nos permitiu deixar unha pequena pegada do noso traballo, neste emblemático edificio de Betanzos, e ademáis, permitiunos g***r da cantidade de tesouros que alí se gardan. Recomendamos sen dudalo que vos animedes a visitalo, ademáis, recentemente, reorganizaron todas as salas, ¡e o resultado é impresionante! Ademais a entrada é gratuíta.




Vivenda unifamiliar que entregamos en Oleiros. A porta de entrada a dobre cara da primeria foto, os armarios, o rodapé, ...
26/11/2024

Vivenda unifamiliar que entregamos en Oleiros. A porta de entrada a dobre cara da primeria foto, os armarios, o rodapé, e un deseño especial para o pasamáns en madeira de carballo tinguida a unha pátina en negro, xunto coa decoración escollida directamente polos propietarios¡s, diron como resultado unha acolledora e funcional vivenda, onde cada detalle reflicte a personalidade e bo gusto dos seus donos.
🏠

Hoxe queremos compartir este proxecto que realizamos para un PAZO, son neste tipo de traballos,onde igual que en moitas ...
20/11/2024

Hoxe queremos compartir este proxecto que realizamos para un PAZO, son neste tipo de traballos,onde igual que en moitas otras profesións hai un resultado tanxible, que ao longo do tempo van conformando o noso legado. Consideramonos ademáis uns privilexiados, pois aquí en Galicia, porque son moitos os pazos nos que se fan rehabilitacións integrais, ou incluso de nova construcción. A pedra, a forxa, e a madeira crean ambientes que reflicten a historia e tradición da nosa terra. Queremos alabar o gran traballo dos interioristas e decoradores, que, coma neste caso, crean ambientes con deseños contemporáneos, logrando espazos que ofrecen un equilibrio perfecto, entre pasado e presente. Ademais, cada detalle é coidadosamente seleccionado para garantir que a estética do pazo non só sexa visualmente atractiva, senón tamén funcional e cómoda
Nesta ocasión, o material principal foi a madeira de Tea, unha elección excepcional que engade calidez e carácter a cada recuncho do pazo. A súa tonalidade rica e textura única fan que cada peza sexa unha obra de arte por si mesma. Este tipo de madeira, coñecida pola súa durabilidade e beleza, foi utilizada en chans, mobles, e mesmo en detalles arquitectónicos, integrándose harmoniosamente co entorno.

A combinación de materiais tradicionais con liñas modernas permitiu crear un espazo que é, ao mesmo tempo, acolledor e sofisticado. As grandes xanelas deixan entrar a luz natural que resalta os matices da madeira e das outras texturas utilizadas ao longo do pazo. Ademais, as cores neutras empregadas complementan a arquitectura sen restarlle protagonismo, contribuíndo a un ambiente sereno e elegante.

Este proxecto é un exemplo perfecto de como a rehabilitación respectuosa dos espazos históricos pode convivir coa innovación e a modernidade. É un verdadeiro testemuño de como a arquitectura e o deseño poden preservar o patrimonio cultural ao mesmo tempo que ofrecen comodidades contemporáneas. Estamos orgullosos de participar nun traballo que homenaxea a nosa rica historia e tradicións, mentres miramos cara ao futuro.

Dirección

CTRA ESPIRITU SANTO/SADA NAvenida 55B
A Coruña
15160

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 16:00
Martes 08:00 - 16:00
Miércoles 08:00 - 16:00
Jueves 08:00 - 16:00
Viernes 08:00 - 16:00

Teléfono

981791621

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Carpinteria O Regueiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Carpinteria O Regueiro:

Compartir

Categoría