ABF Solucións Eléctricas - Alberte Baltasar Figueiras

ABF Solucións Eléctricas - Alberte Baltasar Figueiras Tramitamos subvencións para instalacións de enerxía eléctrica fotovoltaica e puntos de recarga vehículo eléctrico.

Instalacións electricas, Enerxía eléctrica solar fotovoltaica, Puntos de recarga vehículo eléctrico, control reactiva, BioCompatibles, Smart Home, domótica e Inmótica, Video porteiros, redes informáticas, cámaras de seguridade. Visado, tramitación e certificación de proxectos. Instalador Autorizado en Baixa Tensión ( BTE-336000436)
C.C.I.B.T.-Categoría Especialista (PO-01578)

03/04/2026
✨ Próspero e Feliz 2026 ✨Desexámosvos un novo ano cheo de enerxía, ilusión e novos proxectos 🔋⚡Seguimos a traballar para...
31/12/2025

✨ Próspero e Feliz 2026 ✨

Desexámosvos un novo ano cheo de enerxía, ilusión e novos proxectos 🔋⚡
Seguimos a traballar para avanzar cara unha mobilidade máis sostible,
con cargadores de vehículo eléctrico, instalacións fotovoltaicas e sistemas de baterías adaptados a cada necesidade.

Grazas pola confianza depositada durante este ano.
👉 Seguimos enchufados ao futuro en 2026 🚗☀️

ABF Solucións Eléctricas
📞 690 93 58 59


🔌 Mobilidade eléctrica · 2025Resumo dalgunhas instalacións de puntos de recarga realizadas ao longo do ano, en vivendas ...
29/12/2025

🔌 Mobilidade eléctrica · 2025

Resumo dalgunhas instalacións de puntos de recarga realizadas ao longo do ano, en vivendas e garaxes comunitarios.

Grazas pola confianza. Seguimos en 2026 ⚡🚗

☀️ Autoconsumo solar fotovoltaico en vivenda unifamiliar – Vedra outono 2025Instalación de autoconsumo solar realizada n...
26/12/2025

☀️ Autoconsumo solar fotovoltaico en vivenda unifamiliar – Vedra outono 2025

Instalación de autoconsumo solar realizada no concello de Vedra, deseñada para un uso intensivo da enerxía e unha alta eficiencia real:

🔹 Potencia instalada: 7 kWp
🔹 Inversor: 6 kW
🔹 Estrutura no chan con paneis bifaciais
🔹 Caseta técnica independente para inversor e proteccións

👉 Na vista frontal, os paneis captan a radiación directa do sol.
👉 Na vista traseira, os paneis bifaciais tamén producen enerxía grazas á luz reflectida.

A utilización de grava branca baixo a estrutura non é só unha cuestión estética:
✔ Mellora a reflexión da luz
✔ Aumenta o rendemento dos paneis bifaciais
✔ Favorece o drenaxe e o mantemento

A vivenda dispón de dous vehículos eléctricos, polo que se prevé unha alta taxa de autoconsumo, integrando enerxía solar e mobilidade eléctrica de forma eficiente e sostible.

📍 Vedra (A Coruña) 2025
🔧 ABF Solucións Eléctricas





Estou totalmente dacordo con este home. Sempre fun dunha visión máis sostible, autocentrada e de decrecemento, porque sa...
07/11/2025

Estou totalmente dacordo con este home. Sempre fun dunha visión máis sostible, autocentrada e de decrecemento, porque sabemos que este mundo é finito. A xeración distribuída é o camiño lóxico: producir a enerxía preto de onde se consume, reducir perdas e facer un uso intelixente dos recursos locais.

Como profesional das instalacións eléctricas e fotovoltaicas, véxoo cada día: hai un enorme potencial nas vivendas e pequenas comunidades para xerar, almacenar e compartir enerxía de maneira eficiente. As comunidades enerxéticas son unha ferramenta clave para democratizar o acceso á enerxía, reverter a dependencia das grandes compañías e avanzar cara a unha verdadeira transición ecolóxica con respecto ao territorio e ás persoas.

Gústame pensar que este é o principio dun novo modelo enerxético, máis xusto, sostible e consciente.

Manuel Casal Lodeiro (Barakaldo, 1970) coordina desde Galiza o Instituto Resiliencia, a revista '15/15/15' e o programa radiofónico 'Vivirmos nun mundo finito'. É tamén o cofundador da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo e vén de publicar o libro 'As verdades incómodas da...

Hoxe sae esta entrevista que me fixeron en Faro de Vigo, edición Deza. Falei en galego, pero xa se sabe... Polo demais, ...
01/05/2025

Hoxe sae esta entrevista que me fixeron en Faro de Vigo, edición Deza. Falei en galego, pero xa se sabe... Polo demais, o artigo quedou ben.

Profesionales del sector advierten: para que el sistema funcione «en isla» los hogares deben contar con depósitos energéticos, que aumentan el presupuesto en miles de euros y no resultan rentables excepto durante fallos en la red

https://adega.helpbysc.com/xustizaulla_altrinon
02/04/2025

https://adega.helpbysc.com/xustizaulla_altrinon

A celulosa de Altri en Palas de Rei non pode facerse realidade. Sería un golpe crítico para o río Ulla; a estocada de morte para a ría de Arousa. Poñería en risco biodiversidade única, ameazaría o modo de vida de milleiros de persoas e comprometería a nosa saúde. Altri quere traer a Galiza...

15/01/2025

Casadocereiro.es

12/11/2024

Dirección

Mouteira Nº16, Berres, A Estrada
La Estrada
36688

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00
Sábado 09:30 - 14:00

Teléfono

+34690935859

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ABF Solucións Eléctricas - Alberte Baltasar Figueiras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a ABF Solucións Eléctricas - Alberte Baltasar Figueiras:

Compartir

Categoría