CMVMC da Guarda

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

CMVMC da Guarda Comunidade de Montes da Guarda

22/09/2026

🌿 O pasado sábado, 12 de setembro, realizamos unha nova xornada de voluntariado na contorna do Souto da Bouza, un espazo dunha hectárea no que estamos centrando os esforzos de voluntariado para o control de especies invasoras, principalmente Crocosmia e acacia.

Nesta nova xornada implementáronse tres métodos de control da acacia: arranque manual dos exemplares de menor tamaño, corta e aplicación selectiva de fitocida por persoal cualificado nos de tamaño medio e descortezado nos exemplares de maior tamaño.

Grazas a todas as persoas que participaron e puxeron o seu tempo e as súas mans ao servizo do monte comunal, para uso e desfrute de toda a veciñanza.

🚵‍♂️ Este domingo 20 de setembro celébrase unha nova edición da BTT Baixo Miño Enduro Experience organizada polo Club Ci...
20/09/2026

🚵‍♂️ Este domingo 20 de setembro celébrase unha nova edición da BTT Baixo Miño Enduro Experience organizada polo Club Ciclista In Situ nos montes do Torroso e Santa Trega.

Desde a Comunidade de Montes da Guarda colaboramos, unha vez máis, coa celebración desta proba, un exemplo de multifuncionalidade que permite g***r dos nosos montes a través do seu uso compartido e responsable!

📢Este sábado, 12 de setembro, volvemos ao Monte Trega cunha nova xornada de voluntariado ambiental para continuar trabal...
09/09/2026

📢Este sábado, 12 de setembro, volvemos ao Monte Trega cunha nova xornada de voluntariado ambiental para continuar traballando no control da acacia polo que, se queres colaborar no coidado do monte e aprender sobre as técnicas de control desta especie invasora, inscríbete ata mañá, 10 de setembro, en [email protected]!

🌿 Voluntariado ambiental no Monte Trega! 🌿

Axúdanos a protexer e coidar o noso monte. O sábado 12 de setembro organizamos unha xornada para a eliminación de flora exótica invasora (acacias).

📅 Cando: Sábado, 12 de setembro de 2026
⏰ Hora: 16:00 h (duración aprox.: 3 horas)
📍 Punto de encontro: Parque do Cancelón
📝 Inscrición: Ata o 10 de setembro enviando un correo a [email protected]

🛠️ Que debes traer?

Luvas

Roupa e calzado axeitados

Ferramentas manuais (machadas, serras, tesoiras)

⚠️ Por seguridade, NON acudir con mascotas.
🥪 Ao rematar haberá petiscos e bebidas para repoñer forzas!

Organiza: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda
Colabora: A Jalleira

Anímate, participa e fai a túa parte pola nosa contorna! 💚

Co fin de regular o uso dos terreos comunais, evitar confilctos como os da pasada edición e establecer unhas condicións ...
06/09/2026

Co fin de regular o uso dos terreos comunais, evitar confilctos como os da pasada edición e establecer unhas condicións coñecidas e transparentes para tódalas empresas e persoas interesadas, as Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos establecemos as condicións para a instalación de postos de venda ambulante nos terreos comunais durante a Romaría de Santa Trega. As solicitudes poderán presentarse ata o 16 de setembro a través de [email protected].

Acceso ao prego de condicións 👉 https://drive.google.com/file/d/1gxXEhI4m2_dfBc18E2MQwHI9GeKgOH_k/view

🌿 Voluntariado ambiental no Monte Trega! 🌿Axúdanos a protexer e coidar o noso monte. O sábado 12 de setembro organizamos...
02/09/2026

🌿 Voluntariado ambiental no Monte Trega! 🌿

Axúdanos a protexer e coidar o noso monte. O sábado 12 de setembro organizamos unha xornada para a eliminación de flora exótica invasora (acacias).

📅 Cando: Sábado, 12 de setembro de 2026
⏰ Hora: 16:00 h (duración aprox.: 3 horas)
📍 Punto de encontro: Parque do Cancelón
📝 Inscrición: Ata o 10 de setembro enviando un correo a [email protected]

🛠️ Que debes traer?

Luvas

Roupa e calzado axeitados

Ferramentas manuais (machadas, serras, tesoiras)

⚠️ Por seguridade, NON acudir con mascotas.
🥪 Ao rematar haberá petiscos e bebidas para repoñer forzas!

Organiza: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda
Colabora: A Jalleira

Anímate, participa e fai a túa parte pola nosa contorna! 💚

Desde agosto de 2025 vimos reclamando a limpeza e mantemento do Castro da Forca a través do Padroado Municipal Monte San...
25/08/2026

Desde agosto de 2025 vimos reclamando a limpeza e mantemento do Castro da Forca a través do Padroado Municipal Monte Santa Trega. Tras un ano de xestións, reclamamos por terceira vez ao Concello da Guarda, que ostenta a Presidencia do Padroado, que poña unha data definitiva á actuación. A día de hoxe xa non existen impedimentos administrativos: hai unha valoración económica dos traballos e a propia Comunidade de Montes tramitou e obtivo a autorización de Patrimonio necesaria para actuar. Agora toca cumprir e executar.

📸 Imaxe 1 - Fonte https://infogauda.blogspot.com/
📸 Imaxe 2 - Fonte Informe de Valoración Económica para o Mantemento dos Xacementos Arqueolóxicos do Concello de A Guarda no Protocolo de Actuacións de 2025-2030

🌿 O pasado 30 de xullo, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda oficializou ante notario a doazón dunha p...
19/08/2026

🌿 O pasado 30 de xullo, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda oficializou ante notario a doazón dunha parcela denominada “Costa”, cunha superficie de 1.370 m² que pasaron a formar parte do patrimonio comunal.

Desde a Comunidade queremos expresar publicamente o noso agradecemento a Florentina Andrés polo seu xesto de xenerosidade coa Comunidade de Montes e, por extensión, con toda a veciñanza da Guarda. 💚

❤️🤍❤️ Co izado da bandeira da Guarda no mastro do Facho, desde a Comunidade de Montes da Guarda, damos a benvida aos día...
31/07/2026

❤️🤍❤️ Co izado da bandeira da Guarda no mastro do Facho, desde a Comunidade de Montes da Guarda, damos a benvida aos días grandes de festa.

Con esta pequena homenaxe queremos trasladar tamén o noso recoñecemento (e agradecemento) á Comisión de Festas de San Queitano polo traballo e o esforzo que fan posible a súa celebración e desexarlle moita sorte e moitos folgos á nova Comisión de Festas do Monte.

Boas festas A Guarda!

Hai un ano, a estas alturas, distintas zonas do Trega estaban ocupadas con cintas e cordas acontando espazos para o xant...
29/07/2026

Hai un ano, a estas alturas, distintas zonas do Trega estaban ocupadas con cintas e cordas acontando espazos para o xantar do Domingo do Monte con máis de 15 días de antelación. Hoxe, grazas ao compromiso e ao respecto da maioría da veciñanza, a realidade é moi diferente. Queremos agradecervos e felicitarvos por esta actitude exemplar que permite conservar a imaxe que merece un Ben de Interese Cultural. Grazas a toda a veciñanza da Guarda 💚

Desde as Comunidades de Montes da Guarda e de Camposancos queremos solicitar a colaboración da veciñanza para evitar a c...
15/07/2026

Desde as Comunidades de Montes da Guarda e de Camposancos queremos solicitar a colaboración da veciñanza para evitar a colocación anticipada de cintas e cordas co fin de reservar espazos no Monte Trega as semanas previas á romaría do Domingo do Monte, unha práctica que na pasada edición dificultou os labouras de mantemento, afectou á imaxe dun espazo declarado Ben de Interese Cultural na época de maior afluencia de visitantes e provocou conflitos entre a propia veciñanza.

📰 Nova de prensa completa 👉https://drive.google.com/file/d/1Siq76acXvBeA3012M0rBJ52hDyUrUtBk/view?usp=sharing

📸 Antón Ferreira

Dirección

Apartado 161
La Guardia
36780

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CMVMC da Guarda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a CMVMC da Guarda:

Atajos

Compartir

Categoría