Inasus

Inasus Ingeniería en fachadas de aluminio. Trajes a medida para edificios singulares. INASUS S.L.

fue fundada en el año 1970 en Lalín (Pontevedra) como una compañía dedicada a la aplicación del aluminio para la construcción. En sus inicios, contaba con tan sólo 6 trabajadores y con unas instalaciones muy precarias de 200 metros cuadrados. Con el paso de los años, INASUS apostó por el diseño, la fabricación y ejecución en obra de fachadas especiales, alcanzando una importante cuota en el merca

do nacional. Las claves de este éxito fueron sus recursos humanos, su apuesta por incorporar la tecnología más avanzada y unos altos estándares de calidad. Otro valor añadido de la compañía es la innovación, tanto en los productos nacidos en el propio departamento de I+D+i de la empresa, como en aquellos desarrollados por los más reconocidos sistemistas. Con la entrada del siglo XXI, la empresa ha aumentado sus instalaciones hasta los 18.000 metros cuadrados. Además, la firma ha incorporado las últimas tendencias en sistemas de gestión medio ambiental, de riesgos laborales y de recursos humanos. La apertura de oficinas en Madrid y en Londres han sido claves a la hora de dar el salto al mercado internacional, mercado en el que INASUS cuenta con un reconocido prestigio.

📁Do arquivo Inasus.Este ano cúmprense dez anos da inauguración dun dos edificios máis reconocibles do campus da Universi...
02/09/2026

📁Do arquivo Inasus.
Este ano cúmprense dez anos da inauguración dun dos edificios máis reconocibles do campus da Universidade de Birmingham. 🏫📚

Inaugurada en 2016 e deseñada por Associated Architects, a biblioteca principal da Universidade de Birmingham foi concibida como moito máis que un espazo de estudo e investigación, pensada tamén para converterse nun referente dentro do campus.

A fachada combina grandes superficies acristaladas coas características aletas verticais de aluminio anodizado en tons dourados e grises que definen a súa identidade visual. Un elemento distintivo que alén de achegar ritmo e carácter, contribúe a mellorar o comportamento enerxético do edificio mediante a protección solar.

Que proxecto che gustaría que recuperásemos na próxima entrega do ? Lémosche en comentarios. 👇🏼👇🏼

Novas caras e moito talento que se suma ao   👋🏼Damos a benvida a Sarela Castro, Xabier Millan, Victoria Mata, Eva Suárez...
18/08/2026

Novas caras e moito talento que se suma ao 👋🏼

Damos a benvida a Sarela Castro, Xabier Millan, Victoria Mata, Eva Suárez, Carlos Domínguez, Cristina Rodríguez e Eduardo Parrado, as nosas novas incorporacións.

Quixemos coñecelos/as un pouco mellor: que os trouxo ata aquí, que os sorprendeu ou que retos afrontan nesta nova etapa. Le a entrevista completa na nosa web 👇🏼👇🏼

Hoy damos la bienvenida a Sarela, Xabier, Victoria, Eva María, Carlos, Cristina y Eduardo, que se suman al equipo Inasus.

📁Do arquivo Inasus.Un aeroporto, un novo mercado e un proxecto que cambiou a nosa traxectoria internacional. 🛫Trátase da...
29/07/2026

📁Do arquivo Inasus.
Un aeroporto, un novo mercado e un proxecto que cambiou a nosa traxectoria internacional. 🛫

Trátase da Terminal 2A do Aeroporto de Heathrow, finalizada en 2013. O noso primeiro proxecto en Reino Unido e un punto de inflexión para a traxectoria internacional de Inasus.

A complexidade do proxecto e o alto nivel de esixencia do mercado británico leváronnos mesmo a crear , un paso decisivo para seguir crecendo en Reino Unido. 🇬🇧

Con capacidade para máis de 20 millóns de pasaxeiros ao ano, a nova terminal incorporou unha fachada de muro cortina de 22 metros de altura deseñada para responder a algúns dos requisitos de seguridade e rendemento máis esixentes do sector aeroportuario, entre eles a resistencia fronte a explosións.

Máis dunha década despois, este proxecto segue ocupando un lugar especial na nosa historia. Que proxecto da nosa traxectoria gustaríache que recuperásemos na próxima entrega do ?

[🇬🇧]

📁From the Inasus Archive.
An airport, a new market and a project that marked a turning point in our international growth.

This is Terminal 2A at Heathrow Airport, completed in 2013. Our first project in the UK and a turning point in Inasus' international growth.

The complexity of the project and the high standards of the UK market even led us to establish , a key step in strengthening our presence in the United Kingdom. 🇬🇧

Designed to serve more than 20 million passengers each year, the new terminal features a 22-metre-high curtain wall façade engineered to meet some of the most demanding safety and performance requirements in the airport sector, including blast resistance.

More than a decade later, this project continues to hold a special place in our history. Which project from our journey would you like us to revisit in the next edition of ?

Así empeza un dos proxectos sanitarios máis importantes nos que traballaremos durante os próximos anos 🏥🔜Aínda que falta...
22/07/2026

Así empeza un dos proxectos sanitarios máis importantes nos que traballaremos durante os próximos anos 🏥🔜

Aínda que faltan meses para que a envolvente do novo Hospital Infantil de Belfast (NCH) chegue a obra, en Inasus xa estamos inmersos nunha fase esencial do proxecto: verificar que cumpre con todos os requisitos e a normativa esixida antes da súa instalación.

Nas nosas instalacións de Lalín construímos unha maqueta visual a escala real dunha zona representativa da . Tamén, desenvolvemos un prototipo de rendemento que, tras a súa montaxe en Reino Unido, está a ser sometido a un completo programa de ensaios fronte ao aire, a auga, o vento e os impactos.

Só cando todas estas probas se superen con éxito, a estará preparada para dar o seguinte paso.
Este é só o principio, nos próximos meses irémosvos mostrando como evoluciona este proxecto ata facerse realidade. Acompañádesnos no proceso?

Isherwood & Ellis Architects, AECOM 🤝🏼

[🇬🇧]

This is how one of the most significant healthcare projects we will be involved in over the coming years begins 🏥🔜

Although it will still be some time before the building envelope of the New Children's Hospital Belfast (NCH) reaches the construction site, at Inasus we are already immersed in a key stage of the project: ensuring it meets all project requirements and applicable standards before installation.

At our facilities in Lalín (Spain), we built a full-scale visual mock-up representing a section of the building envelope. In addition, we developed a performance mock-up which, following its installation in the UK, is currently undergoing a comprehensive testing programme to assess its performance against air, water, wind and impact loads.

Only once all these tests have been successfully completed is the façade ready to move on to the next stage.
And this is just the beginning. Over the coming months, we'll be sharing how this project evolves as it gradually becomes a reality. Will you join us on the journey?

Isherwood & Ellis Architects AECOM 🤝🏼

A escaseza de   converteuse nun dos grandes retos para as empresas, pero atraelo non empeza unicamente nos procesos de s...
09/07/2026

A escaseza de converteuse nun dos grandes retos para as empresas, pero atraelo non empeza unicamente nos procesos de selección senón na capacidade de conectar a coa realidade do sector.

En Inasus cremos que construír equipos sólidos tamén pasa por tecer alianzas xunto a entidades formativas, asociacións e administracións públicas, achegando as aulas á contorna profesional e axudando ás persoas a prepararse para os retos reais do mercado laboral.

No noso último artigo, David Castro, Director de Persoas e Cambio, comparte como entendemos este compromiso e por que cremos que estas alianzas son clave para seguir desenvolvendo o talento.

🔗 Le o artigo completo: https://inasus.com/tejiendo-alianzas-por-el-talento/

A nova “Cidade de San Caetano” da Xunta de Galicia avanza na súa fase final 🏢🔜O conxunto composto por dous bloques prism...
23/06/2026

A nova “Cidade de San Caetano” da Xunta de Galicia avanza na súa fase final 🏢🔜

O conxunto composto por dous bloques prismáticos, reorganiza e conecta distintos usos administrativos a través dunha arquitectura eficiente, estruturada ao redor dun vestíbulo transversal que articula o edificio.

En Inasus desenvolvemos a con solucións adaptadas a cada fachada: un sistema de muro cortina na fachada norte que favorece a entrada de luz natural, e unha fachada sur máis opaca e ventilada, deseñada para garantir confort en zonas de despachos e salas de reunión.

Un edificio funcional, concibido baixo criterios de e eficiencia, que pronto pasará a formar parte do día a día da Xunta en Santiago de Compostela.

Diaz y Diaz Arquitectos, ACCIONA 🤝🏼

11/06/2026

Máis de tres anos despois, o proxecto de rexeneración forestal en Bermés (Lalín) segue crecendo. 🌲🔝

Un traballo conxunto entre a Comunidade de Montes de Bermés, a Asociación Forestal de Galicia - AFG e Inasus, que nace co obxectivo de restaurar unha zona degradada e contribuír á compensación de CO₂ a través da recuperación do bosque autóctono.

Neste vídeo coñecemos mellor esta iniciativa de carácter local, da man de Cristóbal Fernández, Daniel Rodríguez e Alberto Cuiña, que nos contan como evolucionou o proxecto desde a plantación de máis de 30 hectáreas de especies frondosas e como hoxe contribúe tanto á compensación de CO₂ como á mellora da contorna natural.

Unha forma de entender a que vai máis aló do presente e que se basea nunha colaboración a longo prazo. 🍃🤝🏼

Recoñecidos polo Consorcio Zona Franca de Vigo nos Premios ARDÁN polos nosos 5 indicadores de excelencia empresarial. 🏅👏...
05/06/2026

Recoñecidos polo Consorcio Zona Franca de Vigo nos Premios ARDÁN polos nosos 5 indicadores de excelencia empresarial. 🏅👏🏼

Onte recibimos este recoñecemento, que pon en valor o ADN de Inasus: a capacidade técnica, a nosa forma de facer e o traballo de todo o equipo.

Estes 5️⃣ indicadores: Fortaleza financeira, empresa circular, empresa global, empresa innovadora e igualdade de xénero, reflexan como traballamos hoxe e cara onde queremos seguir avanzando os próximos anos.

Formar parte desta edición xunto a outras empresas galegas é un orgullo e unha mostra do nivel e a aposta polo bo facer do noso tecido empresarial. Parabéns a todas as empresas recoñecidas 🤝🏼

A técnica non só está nos nosos proxectos, tamén en como traballamos. 🙌🏼⚙️Estes días estamos a levar a cabo unha   en mo...
28/05/2026

A técnica non só está nos nosos proxectos, tamén en como traballamos. 🙌🏼⚙️

Estes días estamos a levar a cabo unha en motricidade laboral dirixida ao noso equipo de produción, enfocada á prevención de lesións musculoesqueléticas en procesos como o corte, mecanizado e encartado.

Nestas sesións traballamos aspectos como a postura, o movemento e a xestión de cargas no día a día, co obxectivo de mellorar a mobilidade, reducir a fatiga, a tensión e previr lesións.

Unha formación que contribúe tanto ao benestar individual como á forma na que traballamos como equipo, apostando por contornas de traballo máis saudables e seguras.

Hoxe non é un día calquera, é o último día de Paco en Inasus.Xubílase e, xunto a Olalla Cuiña e Alberto Cuiña, despedimo...
21/05/2026

Hoxe non é un día calquera, é o último día de Paco en Inasus.
Xubílase e, xunto a Olalla Cuiña e Alberto Cuiña, despedimos unha etapa que non é doado de resumir nun post. 🥹

Paco chegou a Inasus en 1982 e puido vivir gran parte da nosa evolución ata o que somos hoxe, compartindo máis de catro décadas de traballo, cambios, aprendizaxes e moitos momentos vividos. Viu crecer a empresa desde dentro e sen dúbida, xa forma parte da súa historia.

De parte de todo o , só podemos dicir: GRAZAS.
Desexámosche o mellor nesta nova etapa. Esta sempre será a túa casa.💛

Dirección

Polígono Lalín 2000, Bergazos, Parcelas A3, A4 Y A5
Lalín
36500

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:00
15:30 - 19:00
Martes 08:30 - 14:00
15:30 - 19:00
Miércoles 08:30 - 14:00
15:30 - 19:00
Jueves 08:30 - 14:00
15:30 - 19:00
Viernes 08:30 - 14:00
15:30 - 19:00

Teléfono

+34986787525

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Inasus publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Inasus:

Atajos

Compartir