Fomento Forestal

Cómo llegar Contactar con la empresa

Fomento Forestal Asociación de produtores forestais. Coidamos o monte. Fomento Forestal é unha asociación creada no ano 2007 en Monfero (A Coruña). Faite soci@!

A nosa finalidade é a xestión, defensa e fomento do sector forestal. Buscamos crear unha unión entre todas as persoas físicas e xurídicas propietarias forestais de Galicia, e así:
- Poñer en valor os montes dos nosos asociados, mellorando a súa produción forestal, tanto en cantidade como en calidade.
- Deixar atrás o minifundismo galego, negociar con grandes volumes de madeira e con grandes empresas multinacionais do sector madeireiro.
- Empregar e impulsar o método de venda de madeira á tonelada e deixar de lado o tradicional "vender a vulto".
- Representar e defender os dereitos e propostas dos propietarios forestais ante as diversas administracións e organismos públicos. Fomento Forestal xestiona o aproveitamento integral dos montes, dende a venda da madeira ata a plantación. A unión fai a forza.

14/10/2026

E aquí estamos xa no cargadoiro de San Bartolomé (Monfero), vendo como o autocargador vai cargando a madeira no camión para a súa retirada 🚛🪵

Seguimos de preto os traballos deste aproveitamento forestal da man de Altri 🌳

14/10/2026

Comezamos a mañá aquí en Monfero, concretamente na parroquia de San Bartolomé, facendo un seguimento dos traballos de corta que se están a levar a cabo nestas parcelas dun dos nosos asociados 🌳🚜🪵

A continuación, achegarémonos ao acopio da madeira para ver como avanzan os labores de carga e retirada da madeira 🚛

Aproveitamento forestal da man de Altri.

🌿 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔 𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗢 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗜𝗩𝗢 𝗗𝗢 𝗘𝗨𝗖𝗔𝗟𝗜𝗣𝗧𝗢Desde Fomento Forestal organizamos, en colaboración con Ence - Energía...
09/10/2026

🌿 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔 𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗢 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗜𝗩𝗢 𝗗𝗢 𝗘𝗨𝗖𝗔𝗟𝗜𝗣𝗧𝗢

Desde Fomento Forestal organizamos, en colaboración con Ence - Energía & Celulosa, unha xornada informativa na que se abordarán diferentes cuestións de interese relacionadas co eucalipto e a xestión forestal.

🌱 Temas que se tratarán:
- Enfermidades e problemática do eucalipto.
- Fertilización e nutrición das plantacións.
- Cambio climático e novas especies.
- Xestión conxunta e agrupacións forestais.

📅 Xoves, 22 de outubro
🕕 18:00 horas
📍 Oficina de Fomento Forestal – Rebordelo, Monfero

Ao remate haberá unha rolda de preguntas para resolver dúbidas e intercambiar impresións.

👥 A xornada está aberta a todas as persoas interesadas, sexan ou non socias da asociación.

📢 Agradecemos a difusión!

Seguimos no Alto Xestoso (Monfero)🌳Despois de amosarvos a semana pasada a taladora traballando, hoxe compartimos algunha...
30/09/2026

Seguimos no Alto Xestoso (Monfero)🌳

Despois de amosarvos a semana pasada a taladora traballando, hoxe compartimos algunhas imaxes de como continúan os traballos; desta volta coa procesadora e o autocargador en plena actividade 🚜🪵

A corta segue avanzando e a madeira vai quedando preparada no cargadoiro para a súa recollida polos camións 🚛

Aproveitamento forestal da man de Ence.

Comezamos a mañá en Aranga, máis concretamente na Reborica, revisando esta corta de eucalipto nitens e pino; madeira xa ...
29/09/2026

Comezamos a mañá en Aranga, máis concretamente na Reborica, revisando esta corta de eucalipto nitens e pino; madeira xa preparada no cargadeiro, lista para a súa retirada 🚛🪵

Aproveitamento forestal da man de Ence.

25/09/2026

Rematamos a semana aquí en Monfero, concretamente no Alto de Xestoso, vendo de preto como avanza esta corta coa taladora traballando a pleno rendemento 🚜🪵🌳

Aproveitamento forestal da man de Ence.

Novos aproveitamentos para a madeira de eucalipto 🌲A Comunidade de Montes de Vincios, en colaboración con Hifas Foresta,...
25/09/2026

Novos aproveitamentos para a madeira de eucalipto 🌲

A Comunidade de Montes de Vincios, en colaboración con Hifas Foresta, está a desenvolver unha experiencia para estudar o potencial dos troncos de eucalipto para o cultivo de cogomelos shiitake 🍄‍🟫 🪵

O proxecto conta con 200 troncos inoculados e permitirá obter datos sobre o seu comportamento, produción e viabilidade, explorando así novas posibilidades de aproveitamento para o eucalipto máis alá dos seus destinos tradicionais.

Unha iniciativa interesante que pon de manifesto a importancia de investigar, diversificar e buscar novas vías de valorización dos nosos recursos forestais, xerando novas oportunidades e usos para a madeira.

📰 Información publicada por Faro de Vigo.

La comunidad de montes de Vincios desarrolla un proyecto pionero en busca de valor añadido para una especie tan denostada por su capacidad para propagar incendios y tan imprescindible a la vez para la economía de la entidad. «Se algo non ten valor é moi difícil que non arda», afirma su coordin...

📰 Para quen queira ler a reportaxe completa de La Voz de Galicia sobre a nosa Vixilancia do Lume, deixámola por aquí 🌳🔥G...
24/09/2026

📰 Para quen queira ler a reportaxe completa de La Voz de Galicia sobre a nosa Vixilancia do Lume, deixámola por aquí 🌳🔥

Grazas a La Voz de Galicia. Edición Ferrol por dar visibilidade ao noso labor 💚

📰 Hoxe La Voz de Galicia – Somos Agro pon o foco nun labor que os nosos socios e socias coñecen moi ben: a Vixilancia do...
22/09/2026

📰 Hoxe La Voz de Galicia – Somos Agro pon o foco nun labor que os nosos socios e socias coñecen moi ben: a Vixilancia do Lume 🔥🌲

Durante os meses de maior risco, socios e socias de Fomento Forestal percorremos e vixiamos os montes, de día e de noite, contribuíndo á prevención e á detección temperá de posibles incendios.

A Vixilancia do Lume é un labor fundamental para protexer o noso patrimonio forestal. Unha tarefa na que nos gustaría que cada vez fosen máis as persoas que se sumasen a esta iniciativa.

O monte é un ben de todos e a súa protección tamén é unha responsabilidade compartida🌳💚

Grazas, especialmente, a todos os socios e socias que dedicades o voso tempo a estas gardas e que, ano tras ano, facedes posible a Vixilancia do Lume 🙌🏽

Los productores forestales alargan la campaña de vigilancia por la sequía y las altas temperaturas

Seguimos en Vilarmaior, coa carga doutro bo lote de eucalipto nitens sen casca 🌳🪵🚛Desde a asociación apostamos pola vend...
15/09/2026

Seguimos en Vilarmaior, coa carga doutro bo lote de eucalipto nitens sen casca 🌳🪵🚛

Desde a asociación apostamos pola venda da madeira á tonelada. Por iso, procuramos sempre unha boa coordinación entre a corta e a carga, reducindo ao máximo o tempo entre ambas e preservando así o peso e o valor da madeira.

Os traballos seguen da man de Ence.

Dirección

Monfero
15619

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fomento Forestal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Fomento Forestal:

Atajos

Compartir

Categoría