30/05/2026
Nas nosas vilas inexplicablemente continúan sendo actores principais os coches, que seguen a gañar espazo público con máis prazas de aparcamento en detrimento de espazos verdes, pavimentos máis amables e rúas para as persoas.
As vilas de futuro, con encanto, con sensibilidade, con biodiversidade, con xente nas súas rúas, xa non son as vilas nas que prima o coche… pero algúns parece que seguen querendo conducir o noso espazo público cara o pasado.