Segredos de Pantón

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Segredos de Pantón Esta páxina pretende ser un medio para a divulgación dos segredos que ten o concello lugués de Pantón, dende un punto de vista diferente e orixinal.

"Sabías que...?"As historias e contos de criaturas escuras tamén chegou aos nosos días en forma de cantigas, así no noso...
28/10/2026

"Sabías que...?"

As historias e contos de criaturas escuras tamén chegou aos nosos días en forma de cantigas, así no noso concello consérvanse estas:

"O carballo da Portela
pónselle a folla vermella;
foi que veu por riba del
o demo dunha centella."

"Neste lugar de Vilar,
ao pasar polas ladeiras,
pasade coa faldra fóra
por mor das feiticeiras."

Unha boa mostra da nosa tradición oral!

1ª Imaxe: Aldea de Vilar (Santiago de Vilar de Ortelle)
2ª Imaxe: Devesa ca néboa

Hoxe adentrámoos no subsolo da man dunhas imaxes dunha antiga mina de auga que hai próxima á aldea de Cima de Atán, que ...
26/10/2026

Hoxe adentrámoos no subsolo da man dunhas imaxes dunha antiga mina de auga que hai próxima á aldea de Cima de Atán, que tiñamos gardadas no noso arquivo de trasnos.

E coidado que non vós saia un tardo ou un mouro!

Hoxe rematamos a semana cunhas imaxes do antigo poboado de Salto del Sil de San Pedro, aló abaixo encol do río Sil.Lembr...
25/10/2026

Hoxe rematamos a semana cunhas imaxes do antigo poboado de Salto del Sil de San Pedro, aló abaixo encol do río Sil.

Lembrades algunha historia deste lugar?

Os contos de SantosEste ano traémosvos unha novidade. Dende mañá, 24 de outubro, ata o vindeiro 21 de novembro mandaremo...
23/10/2026

Os contos de Santos

Este ano traémosvos unha novidade. Dende mañá, 24 de outubro, ata o vindeiro 21 de novembro mandaremos tódolos sábados, por correo electrónico unhas historias propias desta época do ano.

Se queredes recibir este tremendo agasallo só tendes que escribirnos por privado ás redes socias, ou ao corre-e ([email protected]) ou ao noso WhatsApp (662 669 223).

Así vola faremos chegar!

XOVES AMBIENTAL ❗​Debaixo das carballeiras, entre as follas pardas caídas no chan, onde malvive a humidade deste ano sec...
22/10/2026

XOVES AMBIENTAL ❗

​Debaixo das carballeiras, entre as follas pardas caídas no chan, onde malvive a humidade deste ano seco, pasean estes coloridos exemplares de píntega (Salamandra salamandra).

​Corpo negro chiscado de manchas amarelas, percorrido por glándulas mucosas que segregan toxinas para se defenderen dos depredadores.

​Ai, coitadiñas delas, de hábitos nocturnos, nos desprazamentos baixo a choiva cando infraestruturas viarias atravesan o seu camiño

A Casa so CasebioAló arriba no alto onda a estrada por entre a vexetación podemos ver esta ben fermosa edificación. Segu...
16/10/2026

A Casa so Casebio

Aló arriba no alto onda a estrada por entre a vexetación podemos ver esta ben fermosa edificación. Segundo a inscrición da porta data de 1767.

Por riba da portada de entrada vemos en cada lado podemos ver unhas pedras armeiras. Destaca especialmente o escudo dos Pardo-Osorio.

Un ben fermoso lugar cheo de historia e coma ben dicían daquelas con "fidalgos notorios de sangue".

Nestes días que comeza o outono non podemos máis que recomendarvos achegarvos aos carreiros e congostras e desfrutar da ...
11/10/2026

Nestes días que comeza o outono non podemos máis que recomendarvos achegarvos aos carreiros e congostras e desfrutar da natureza.

Que ben seguro que levaredes algunha sorpresa e pasarédelo xenial, así que a botarse ao monte, cavacepas!

Esta semana fixemos 10 anos.Toca agradecer  a tódalas persoas que fixeron, fan e farán posible esta nosa asociación cult...
09/10/2026

Esta semana fixemos 10 anos.

Toca agradecer a tódalas persoas que fixeron, fan e farán posible esta nosa asociación cultural. Estamos ledas de compartir tempo, historias, tradicións e loita polo noso concello. É un luxo, así que mil grazas por todo!

E agora unhas cousiñas especiais polo noso 10º aniversario:

- Sabemos que en 1943 saiu unha comparsa de Xigantes e Cabezudos pola vila dos Peares. E que en 1978 polo Castro de Ferreira tamén sairía outra.

- Pola festa do Regueiro (Pombeiro) era costume facer o baile das cintas.

- En Pantón houbo 5 teleclubs: O Barrio, Mañente, Serode, Tribás e Vilamelle.

- No Torrón naceu un antigo Ministro de Facenda e Economía do estado español, Francisco Méndez Jaspe.

- Na Idade Media en Pantón, houbo a denominada Revolta dos Bodos, ao querer subir de valor unha renda que tiñan que pagar.

E de agasallo final unha imaxe da cova-templo do Cotillón.

XOVES AMBIENTAL ❗Alí onde o festival Xurés Son (Lobios) se funde co eco da propia natureza, atopamos varios exemplares d...
08/10/2026

XOVES AMBIENTAL ❗

Alí onde o festival Xurés Son (Lobios) se funde co eco da propia natureza, atopamos varios exemplares de pereiras bravas "Pyrus cordata" entre outras árbores autóctonas. Hei de decir, tamén, entre especies invasoras como o Eucalipto.

Alguén ten algunha fichada preto da súa casa ou camiño habitual do noso concello?

Dirección

Pantón
27430

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Segredos de Pantón publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Segredos de Pantón:

Atajos

Compartir

Contratistas cercanos