ATRIO Arquitectura e Urbanismo. Jorge Duarte

ATRIO Arquitectura e Urbanismo.               Jorge Duarte Elaboranse ITEs e Certificados de Eficiencia Enerxética.

Estudio de arquitectura e urbanismo,dirixido por Jorge Duarte, especializado en rehabilitación con amplia experiencia en casas rurais e proxectos hoteleiros ademais de proxectos de vivenda. O estudio foi creado en 1996 por Jorge Duarte xunto con Javier Garcia Castelo e Baltasar Otero e na actualidade e dirixido por Jorge Duarte coa colaboración de outros arquitectos e arquitectos técnicos. No estu

dio facemos todo tipo de proxecto, destacando desde os inicios os de rehabilitación de edificacións, nos cales apostamos pola máxima comunicación cos clientes, tendo en conta en todos os proxectos criterios de arquitectura bioclimática e de eficiencia enerxética para achegarnos a edificios de consumo casi nulo ou “passivhaus”. Prestamos especial atención á integración na contorna e á utilización dos materiais de construcción mais axeitados, cunha debilidade especial pola utilización da madeira, durante todo o proceso, desde o proxecto e unha coidada dirección de obra, ata o remate da obra. No estudio realizamos informes de ITE e Certificados de Eficiencia Enerxética, ademais de todo tipo de informes. Ademais temos elaborado diversos instrumentos de planeamento, como modificacións de PXOM, Plans Parciais, Proxectos de Compensación e Proxectos de Urbanización e distintos concellos.

16/08/2025

A unión dos dous focos en Chandrexa de Queixa crea un gran fogo de máis de 11.000 hectáreas, o meirande documentado no país. Moi preto, en Maceda tamén confluíron dous importantes incendios que suman outras 2.500 hectáreas, e en Oímbra e A Mezquita hai outros dous de 8.000 cada un.

12/08/2025
03/03/2023

Proxecto do Mercado Municipal de Ames, deseñado por Jorge Duarte de ATRIO Arquitectura e Urbanismo cunha aposta clara pola sustentabilidade e a reducción de consumos de enerxia e de auga. Proxecto no que buscamos a flexibilidade dos espazos para que sexan adaptables a distintos usos.
Partindo da rehabilitación da Casa de Barbazán e do mantemento do horreo preexistente, recuperamos a idea dos mercados tradicionais baixo as carballeiras, que eran lugares de encontro e intercambio de productos locais.
Unha aposta pola construción en madeira, a xeración de enerxia e recuperación de auga, para acoller baixo a ampla cuberta "arborea" o espazo do mercado de uso diario e pechado, que se complementará coa creación dun espazo cuberto específico para mercado dos produtores locais e dos seus produtos de proximidade e que poderá ser usado tamén coma espazo de encontro ou de xogo a cuberto.
Ademais proponse a reordenación do aparcamento existente coa prantación de arborado buscando un espazo que mantendo ese uso poda tamén acoller outras actividades.
Un pracer recuperar espazo público a través da arquitectura!!!

Un tabique curvo de madeira… tras él un baño, un armario e moito espazo de almacenaxe! No resto da casa, gañamos espazo ...
27/10/2022

Un tabique curvo de madeira…
tras él un baño, un armario e moito espazo de almacenaxe!
No resto da casa, gañamos espazo e moitisima luz!!!
Pequenas obras para unha vida mellor!!!


Un tabique curvo de madeira… tras él un baño, un armario e moito espazo de almacenaxe! No resto da casa, gañamos espazo ...
27/10/2022

Un tabique curvo de madeira…
tras él un baño, un armario e moito espazo de almacenaxe!
No resto da casa, gañamos espazo e moitisima luz!!!
Pequenas obras para unha vida mellor!!!


Volver aos lugares nos que hai uns meses proxectábamos cambios radicais para o Centro de Servizos Novo Milladoiro e ver,...
25/10/2022

Volver aos lugares nos que hai uns meses proxectábamos cambios radicais para o Centro de Servizos Novo Milladoiro e ver, e mais nun dia de choiva coma hoxe, que son espazos nos que a arquitectura funciona como lugar de acollida e de convivencia!!!
Un pracer o traballo en colaboración con Estudio Treintaiuno, e EmacProyectosObras

Esta semana estivemos en Ferrol na visita institucional  ao primeiro proxecto de Rehabilitación do Plan Rexurbe da Xunta...
13/03/2021

Esta semana estivemos en Ferrol na visita institucional ao primeiro proxecto de Rehabilitación do Plan Rexurbe da Xunta en Ferrol Vello.
Dentro deste programa, gañamos o concurso para un dos lotes de rehabilitación de tres edificios para 7 vivendas públicas en colaboración con Jorge Alvarez Rúa do estudio Terceroderecha arquitectos e ALCE Arquitectura técnica.
Estes días entregaremos os proxectos de execución para a rehabilitación destes tres edificios na rúa Espartero.
Sempre resulta gratificante traballar en rehabilitación e si é para vivenda pública moito mais!!!

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-4857094?t=2455

Na última visita á obra da Fundación Ser, promovida por Óliver Laxe nos Ancares, estivo con nós un equipo de TVE.  O fin...
03/03/2021

Na última visita á obra da Fundación Ser, promovida por Óliver Laxe nos Ancares, estivo con nós un equipo de TVE.

O fin de obra está xa próximo, coa satisfación persoal de ter dirixido unha intervención arquitectónica que mantén totalmente o volume da casa dos avós de Óliver e, sobre todo, que busca ser leal cunha forma de ver e organizar a vida no val, que tan ben explica el mesmo na reportaxe que podedes ver neste enlace.👇🏽

É un motivo de felicidade saber que aínda nos quedan obras en marcha por aquí...🏔

Un año después de competir con Amenábar y Almodóvar en los Goya con 'O que arde', Óliver Laxe está dispuesto a devolver la vida a Vilela, una aldea abandonada de la comarca gallega de Os Ancares, donde se rodó la película

26/01/2021

Parabéns aos compañeiros do Salgado e Liñares arquitectos enxeñeiros polo importantísimo recoñecemento que supón recibir o Premio Nacional de Arquitectura concedido polo CSCAE.

Supón un recoñecemento a unha longa traxectoria materializada neste complexo turístico, no que se conxuga o coñecemento e a experimentación coa madeira para facer unha excelente arquitectura dialogando coas preexistencias e o lugar!

Despois duns días difíciles de traballo pola neve e as condicións climáticas, as obras da sede da Asociación Ser promovi...
23/01/2021

Despois duns días difíciles de traballo pola neve e as condicións climáticas, as obras da sede da Asociación Ser promovida por Oliver Laxe en Vilela, encaran a recta final!

Dirección

Rúa Da Trindade, 5, Baixo
Santiago De Compostela
15705

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Teléfono

+34662369853

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ATRIO Arquitectura e Urbanismo. Jorge Duarte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a ATRIO Arquitectura e Urbanismo. Jorge Duarte:

Compartir