ElectroMiño

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

ElectroMiño Empresa gallega especializada en iluminación artística, decorativa y ornamental para Navidad, Carnaval, fiestas y eventos.

Diseño, fabricación, montaje e instalación profesional desde 1979 Empresa Gallega especialista en fabricación de iluminación artística y decorativa, montajes e instalaciones de luces de navidad en España desde 1979.

CAPÍTULO 18 · AS LUCES ACÉNDENSE SOAS… OU NON?Chega o Nadal, cae a noite e, case coma por arte de maxia, as rúas énchens...
16/10/2026

CAPÍTULO 18 · AS LUCES ACÉNDENSE SOAS… OU NON?

Chega o Nadal, cae a noite e, case coma por arte de maxia, as rúas énchense de luz. Pero… quen dá a orde para que se acendan? E como saben as luces cando teñen que apagarse?

A resposta non está nun simple interruptor.

Meses antes de que chegue o momento do acendido, nas instalacións de ElectroMiño xa se preparan os sistemas que farán posible que todo funcione. Caixas de control, conexións eléctricas, programación e equipos que, unha vez instalados, traballarán en segundo plano durante toda a campaña.

Un dos segredos está nos reloxos dixitais, que permiten programar os horarios de cada día da semana e adaptalos ás datas especiais. Porque non é o mesmo unha noite normal ca Noiteboa, Nadal ou unha fin de semana.

Pero hai máis. Existen sistemas astronómicos que calculan os horarios segundo a saída e a posta do sol, e tecnoloxías de control remoto que permiten supervisar instalacións e xestionar determinados efectos luminosos a distancia, e sistemas dixitais que se programan por días, semanas en función do que decida o cliente.

E se algo falla? Unha conexión, unha incidencia eléctrica ou as condicións meteorolóxicas poden alterar o funcionamento. Por iso, detrás das luces tamén hai comprobacións, coordinación e traballo de mantemento.

O que para quen pasea pola rúa dura só un instante ver como se acenden as luces é o resultado de moita preparación técnica que ninguén ve.

Así que a próxima vez que vexas unha cidade iluminarse ao anoitecer, lembra: as luces non se acenden soas. Detrás dese momento hai todo un sistema preparado para que a maxia suceda, e un persoal de mantenemento para supervisar.

ElectroMiño · Iluminando a noite desde 1979.

Continuará….

FERROL na prensa La Voz de Galicia. Edición Ferrol
16/10/2026

FERROL na prensa La Voz de Galicia. Edición Ferrol

Operarios de Electromiño trabajan ya en la colocación del cableado para las próximas fiestas de diciembre

CAPÍTULO 17 · AZUL Y NO TAN ORO: MODAS QUE VEÑEN E VANNa iluminación de Nadal, as cores tamén teñen a súa historia.Duran...
15/10/2026

CAPÍTULO 17 · AZUL Y NO TAN ORO: MODAS QUE VEÑEN E VAN

Na iluminación de Nadal, as cores tamén teñen a súa historia.

Durante anos, o vermello, o verde e o branco formaron parte da imaxe máis tradicional do Nadal. Pero houbo unha época na que o azul gañou protagonismo e cambiou a maneira de entender a iluminación das rúas e das cidades.

O azul achegaba unha estética fría, moderna e invernal. Combinado co branco, permitía crear ambientes que lembraban o xeo, a neve e os paisaxes de inverno. Os avances na tecnoloxía LED fixeron posible ampliar as combinacións e levar a cor a novas formas e instalacións.

Co tempo, moitas propostas evolucionaron cara ao dourado e ao branco cálido. Unha luz máis acolledora, elegante e atemporal, que recupera a sensación da iluminación tradicional e combina especialmente ben coa arquitectura, as rúas comerciais e os grandes espazos urbanos.

Pero non todo é azul ou ouro. O prata, o branco frío, o vermello, o verde e as combinacións multicolor seguen tendo o seu lugar. Cada cidade, cada cultura e cada proxecto necesitan unha identidade propia.

As tendencias internacionais de decoración tamén miran cara a novas combinacións: tons naturais, reflexos metálicos, cores intensas e propostas que mesturan tradición e innovación.

Porque unha tendencia pode inspirarnos, pero non debe decidir por nós.

En ElectroMiño sabemos que deseñar a iluminación dun Nadal non consiste en escoller a cor que está de moda. Consiste en saber que cor utilizar, como combinala e que sensación queremos transmitir en cada lugar.

As modas cambian. A clave está en saber iluminar con criterio.

ElectroMiño · Iluminando a noite desde 1979.

𝐂𝐀𝐏𝐈́𝐓𝐔𝐋𝐎 𝟏𝟔 · 𝐈𝐋𝐔𝐌𝐈𝐍𝐀𝐑 𝐓𝐀𝐌𝐄́𝐍 𝐄́ 𝐀𝐓𝐑𝐀𝐄𝐑 𝐏𝐔́𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎Desde o departamento creativo de ElectroMiño temos algo moi claro: unha...
14/10/2026

𝐂𝐀𝐏𝐈́𝐓𝐔𝐋𝐎 𝟏𝟔 · 𝐈𝐋𝐔𝐌𝐈𝐍𝐀𝐑 𝐓𝐀𝐌𝐄́𝐍 𝐄́ 𝐀𝐓𝐑𝐀𝐄𝐑 𝐏𝐔́𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎

Desde o departamento creativo de ElectroMiño temos algo moi claro: unha rúa comercial ben iluminada pode converterse nun lugar ao que apetece ir, pasear, mirar escaparates e entrar nos negocios.

Pero hai algo importante que debemos entender: non se trata de poñer máis luces, máis cores ou máis elementos. Trátase de saber escoller.

Imaxinade que unha rúa comercial é un escaparate ao aire libre. Cada negocio ten a súa personalidade, os seus produtos e a súa maneira de atraer clientes. Por iso, a iluminación artística e decorativa da rúa debe acompañar o conxunto, crear ambiente e facer que os escaparates tamén teñan o seu protagonismo.
E aquí entra o traballo creativo.

Ás veces vemos un motivo luminoso espectacular nun catálogo e pensamos que quedaría perfecto na nosa rúa. Pero unha cousa é que nos guste e outra moi distinta é que encaixe nese espazo.

É como mercar un traxe ou un vestido impresionante para unha ocasión especial: pode namorarnos á primeira vista, pero ata que o probamos non sabemos se realmente nos queda ben.

Coa iluminación sucede o mesmo. Hai que estudar as dimensións da rúa, a súa arquitectura, os edificios, os escaparates, os espazos dispoñibles e a imaxe que queremos transmitir. O que funciona nunha avenida ampla pode non funcionar nunha rúa estreita.

E o que destaca nun lugar pode restarlle protagonismo a outro.
O mesmo pasa cos escaparates. Non sempre o máis cargado é o máis bonito. Ás veces, unha decoración sinxela, elegante e ben pensada transmite moito máis ca unha chea de elementos sen harmonía.

Cando a iluminación da rúa e os negocios se complementan, conseguimos algo moi importante: crear un ambiente que invita a saír, pasear, descubrir o comercio local e, por suposto, mercar.

Porque unha boa campaña de Nadal non consiste unicamente en iluminar unha localidade. Consiste en crear unha experiencia que anime a xente a vivila.
Para nós, a iluminación artística e decorativa non é simplemente un gasto.

É unha inversión en imaxe, ambiente e dinamización comercial. E como toda boa inversión, necesita planificación, criterio e unha idea detrás.

Unha última reflexión desde o noso departamento creativo: non copiemos todo o que vemos noutros lugares. Inspirémonos, si, pero busquemos unha identidade propia. Ser diferentes, orixinais e saber escoller é o que fai que unha decoración teña personalidade.

Porque non se trata de poñer máis luces. Trátase de poñer as luces axeitadas, no lugar axeitado e cunha idea clara.

A iluminación atrae miradas. A planificación marca a diferenza.

Iluminación de Nadal en Verín · 2024 | ElectroMiño – Imaxes do Concello de Verín e Diario Támega

Continuará...

A Nadal xa está en marcha en ElectroMiño.Estes días estamos preparando e organizando o material que viaxará a diferentes...
13/10/2026

A Nadal xa está en marcha en ElectroMiño.

Estes días estamos preparando e organizando o material que viaxará a diferentes cidades para dar forma ás súas iluminacións de Nadal.

Detrás de cada instalación hai planificación, fabricación, preparación e unha loxística de transporte especializada para que cada elemento chegue ao seu destino e todo estea listo para o momento máis esperado: acender as luces.

Desde as nosas instalacións, comezamos a preparar unha nova campaña de Nadal.

ElectroMiño. Iluminando a noite desde 1979.

En ElectroMiño xa estamos a preparar o Nadal. Unha semanas frenéticas de montaxes, traballo e planificación para ilumina...
13/10/2026

En ElectroMiño xa estamos a preparar o Nadal. Unha semanas frenéticas de montaxes, traballo e planificación para iluminar diferentes cidades e localidades

Porque para que o Nadal brille, hai moito traballo que empeza semanas antes.

ElectroMiño. Iluminando a noite desde 1979.

LUGO | SAN FROILÁN 2026Lugo brilla con luz propia durante as festas de San Froilán.Desde ElectroMiño realizamos a ilumin...
09/10/2026

LUGO | SAN FROILÁN 2026

Lugo brilla con luz propia durante as festas de San Froilán.

Desde ElectroMiño realizamos a iluminación artística e decorativa da cidade, con elementos luminosos que acompañan estes días de celebración, realzan as súas rúas e poñen en valor espazos emblemáticos como a Muralla.

Rótulos luminosos, motivos decorativos e grilandas de luz forman parte dunha iluminación pensada para g***r de Lugo e dunha das súas festas máis importantes.

ElectroMiño – Grupo Creacións Luminosas

Iluminando a noite desde 1979.

CAPÍTULO 14 · O DOURADO QUE NOS DEVOLVE AO NADAL DE SEMPRENos últimos tres anos hai unha tendencia que se está facendo c...
08/10/2026

CAPÍTULO 14 · O DOURADO QUE NOS DEVOLVE AO NADAL DE SEMPRE

Nos últimos tres anos hai unha tendencia que se está facendo cada vez máis presente nas decoracións de Nadal: o dourado.

Pero, en realidade, moitas veces ese dourado non é outra cousa que luz branca cálida. Unha luz sinxela, envolvente e elegante que, combinada con elementos como grandes bólas decorativas, pode transformar unha rúa, unha avenida ou un espazo amplo.

É unha volta ao vintage. Ao retro. Á nostalxia. A aquelas decoracións de Nadal dos anos 70 e 80, cando non facían falta tantos efectos nin tantas cores diferentes para crear ambiente.

Quen non lembra aquelas cintas de espumillón que caían das pólas das árbores de Nadal?, Ou aquelas bólas que se gardaban con moito mimo ano tras ano e que só se substituían cando algunha se rompía?

Naquela época, as opcións tamén eran máis sinxelas. Nas tendas do barrio, nas droguerías ou nos pequenos comercios había unhas poucas cores: ouro, prata, azul, vermello e verde.

E con iso era suficiente para facer Nadal. Hoxe recuperamos esa esencia, pero levándoa a outra escala. Grandes bólas suspendidas, ceos de microLED, cortinas de luz e estruturas que permiten vestir rúas enteiras cunha única tonalidade.
Porque ás veces, para conseguir unha decoración espectacular, non fai falta engadir máis cores. Fai falta escoller ben a luz.

E esa luz cálida, que nos recorda ao dourado, tamén nos lembra algo máis importante: que o Nadal cambia, pero a emoción de velo acender por primeira vez segue sendo a mesma.

Continuará...

LUGO SAN FROILÁN 2026 Programación de hoxe.  Xoves 8, música e risas por todos lados! 🎶 😄San Froilán Sorrí con David Amo...
08/10/2026

LUGO SAN FROILÁN 2026
Programación de hoxe.

Xoves 8, música e risas por todos lados! 🎶 😄
San Froilán Sorrí con David Amor e Carlos Blanco pon o humor na praza de Santa María, e pola noite Celtas Cortos sobe á Horta do Seminario ás 21:30h para pechar a xornada por todo o alto. Verbena coa Orquestra Panorama City na praza Agro do Rolo.
Non faltes!
—
¡Jueves 8, música y risas por todos lados! 🎶 😄 San Froilán Sorrí con David Amor y Carlos Blanco pone el humor en la plaza de Santa María, y por la noche Celtas Cortos sube a la Horta do Seminario a las 21:30h para cerrar la jornada por todo lo alto. Verbena con la Orquesta Panorama City en la plaza Agro do Rolo.
¡No faltes!

Dirección

Rua Foxo, 20
Túy
36700

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 13:00
15:00 - 18:00
Martes 08:00 - 13:00
15:00 - 18:00
Miércoles 08:00 - 13:00
15:00 - 18:00
Jueves 08:00 - 13:00
15:00 - 18:00
Viernes 08:00 - 13:00
15:00 - 18:00

Teléfono

+34 986 60 21 14

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ElectroMiño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a ElectroMiño:

Atajos

Compartir

Categoría